Primeira parte do xogo

Minami Daito vai ser a etapa que marque a primeira metade da competición na Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Ainda que semella que vai ser case de transición. Non se agardan precipitacións (xa veremos), as temperaturas son mornas sen apenas amplitude térmica e somentes os refachos de vento poden ser decisivos para unha escalada na xeral e, por suposto, para levar o trunfo de etapa.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas, indo dende os 22 ata os 26º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 21 e os 24º C., estas con menos diferenzas ainda. A precipitación é un parámetro con maioría de seca, máis tres valentes con valores apostados entre 1 e 2 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 36 ata os 64 km/h., sendo un parámetro moito máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.

Seguimento da xornada

Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.

O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:

1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.

2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.

3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.

4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.

5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.

6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Daitojima” na prefectura de Okinawa.

7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Minami Daito“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.

Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *