Rematou a etapa do té en Darjeeling, 4ª xornada e penúltima do Torneo de Vran con aceso direto á competición por eliminatorias de eltiempoentuojete, a Ojete’s Cup. As vacas sagradas da web de apostas meteorolóxicas deron un paso adiante para colocarse o mellor posible de cara á derradeira xornada, a desputar en Jalpaiguri, na mesma zona xeográfica, o norte do estado de Bengala. A cacheira da xeral pouco mudou neste fin de semana, dadas as grandes diferenzas, ainda que algunha caida e outras subidas foron reseñables. Pasamos ó resumo.
A primeira hora xa se fixou o refacho máximo da xornada con 4 nos, 7 km/h. A temperatura mínima tamén quedou estancada no inicio da etapa con 18º C. que non descendeu no resto do día. A temperatura máxima acadou os 23º C. no abrente. Pouco despois caeron os 2 primeiros litros de chuvia que se mantiveron ata media tarde, cando comezou a orballar paseniño ata a derradeira hora do día, cando a suma amosaba 9 litros.
Con estes valores atopamos a mellor puntuación en 54 puntos, asinada por os dous mellores xogadores históricos, Botikas e Verducido. Apostas similares para un resultado idéntico que os catapulta ata o Top-10 da xeral, Botikas no 6º posto e Verducido no 7º. Isto non lles asegura nada fronte o final de liga, pero despois de estar en postos alonxados da cacheira supón un alivio e un pouco de calma cara o final do torneo.
Denodeno, Landrán e Beocha engadiron 53 puntos no marcador. Denodeno e Beocha marcan Top-5 na xeral. Ainda sen nada definitivo neste tipo de torneo, contan cun xergón de puntos que só no caso de desfeita os arrebataría da Ojete’s Cup. Landrán escala ata o 11º posto pero non se debería descoidar na derradeira se quere un posto na competición das eliminatorias.
52 puntos para Mingos e Compoñente Sur, os dous en postos de podio e bastante desafogados cos persecutores. Pero deben atacar ó líder e pelexar entre eles por mellorar ou manter esa posición de privilexio. Aseguran batalla en Jalpaiguri. Tamén 52 puntos para Julio, que ainda que non o amosa a clasificación xeral está por riba de Marius no derradeiro posto con aceso á Ojete’s Cup. A táboa no fai o desempate pero nós sí (podes velo na sección de Desempates no Regulamento Meteo). Pois iso, que non se alede moito Julio nin se aflixa Marius que moito teñen que dicirse ainda.
Mención especial a Bar Pequeno, que segue a comandar o Torneo con man de ferro e semella que vai firmar a sua primeira vitoria nunha competición de eltiempoentuojete. Bravo pola exhibición!!
Do mesmo xeito e coas diferenzas existentes en cada xornada, moit@s dos desclasificados deben persistir na derradeira, cada semana gáñanse e pérdense moitos puntos polo que Xowi, Mina, Rasdgar, Breogán77, Popolo e o resto ainda teñen unha oportunidade final de recuperar ou vencer nunha etapa que lles adoce o sabor de boca acervo que lles incomoda. Loita ata o final!!
Estes foron os 8 mellores marcadores en Darjeeling, para máis información pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.