Rodicio sobranceiro

A 16ª etapa da Liga da Inverneira, Alto do Rodicio, é unha das senlleiras no calendario, entre as que inauguraron esta porra meteorolóxica. No concello de Maceda, está entre as citas obrigadas do oriente do país. Coma de costume nestas datas natalicias non adoita chover, e unha vez máis foi así, ainda que non restou a emoción típica dunha etapa de montaña, con datos cambiantes ata os derradeiros instantes de xogo.

A temperatura mínima acadóuse no cabo final da xornada con -2º C. que xa non subira de  dende a madrugada inicial do día, mantendo unha amplitude térmica media. A presenza da neve era improbable, marcando un resultado de 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 42 km/h., na media do agardado.

E semella que o gañador está collendo ó truco ó inverno despóis de pasalo mal baixo a chuvia de outono. Con 58 puntos o gañador foi Víbora, que levaba tempo sen facelo e que vai agatiñando pola xeral deixando rivais por tras del e asomando a cachola cara unha loita polo Top-10 que semella un pouco inestable. Ademáis da vitoria acada o posto 13 da xeral e está cada vez máis preto de conseguir un obxectivo vital para un ex-campión desta competición. Ollo ó piollo!!

Dous dos involucrados nesta loita acadaron os 57 puntos. Rasdgar entra no derradeiro chanzo do Top-10 a costa de Modesto e comeza a incomodar o 9º de Xowi. Dous postos por tras, Breogán77 fuxe de Víbora cara adiante e mantén o 12º posto achegándose paseniño cara Modesto, víctima de mil ataques nas derradeiras etapas. Mesmos puntos para Enrico Ferni. Calqueira día deixará de chegar tarde e podería convertirse en gran ameaza para os xogadores afianzados. Cada semana da mostras de grandes aptitudes.

56 puntos para Botikas, que deu boa conta de Landrán capturando o 4º posto na busca do podio e máis aló. Calqueira se fía deste paisano, e senón, pódeslle preguntar a Kaltxon, que 20 puntos por diante xa mira por riba do ombreiro con desconfianza.

Con 55 puntos atopamos ata 9 competidores, dos que somentes nomearemos, ainda que diremos que moit@s están involucrados no trunfo final e tamén en loitas grupais e persoais dentro da clasificación xeral. Son Kalandrakas, Xowi, Modesto, The profesor, Popolo, Lume, Beocha, Sarabia e Julio.

Estes foron os 14 competidores mellor puntuad@s nesta etapa con de gran altitude , no Alto do Rodicio. Para acadar tódolos datos recollidos na 16ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *