Rolda 3

Chegamos á 3ª rolda da Ojete’s Cup en Bengala facendo parada e fonda en Digha, a cidade de vacacións do sureste do estado de West Bengal. Temos as loitas por entrar na final do torneo, polo 5º posto, por acadar a final B e por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos, ainda que queda outra rolda para decicir algunhas cousas definitivamente. Pero mellor ir adiantando traballo e non deixalo para o último momento.

As apostas para temperatura máxima van dende os 30 aos 34º C, mentras que as mínimas encádranse entre os 25 e os 28º C. As apostas sobre chuvia divídense entre quen mirou a traxectoria de resultados desta semana e os que semella que non. Os que fixeron seguimento apostan pola seca total, un total de 6 competidores, mentras o resto aposta por entre 2 e 21 litros. Polo que respecta ós refachos de vento, oscilan entre os 10 e os 38 km/h.

Na loita de semifinais as apostas entre Landrán e Verducido son moi parellas, cun único grao de diferenza en temperaturas e 5 km/h. no refacho. No mesmo caso están Denodeno e Mingos, ainda que cunha maior diferenza en vento.

Por acceder ó 5º posto están Rasta e Botikas, co primeiro con valores máis baixos en temperatura e vento pero con 5 litros de auga contra 0. Michi e Compoñente Sur teñen apostas similares en temperatura e vento pero con gran diferenza na cantidade de auga.

Buscando a final B, Punteiro e Pájaro teñen pouca diferenza en temperatura, media en chuvia e grande en vento. Beocha e Sarabia basan a súa desigualdade sobre todo na auga recollida.

Para evitar a vergoña temos a Bar Pequeno e Víbora e a diferenza é a incomparecencia de Bar Pequeno que asegura a Víbora unha vitoria con sabor a gloria. Julio e Marius teñen desavenencias en tódolos parámetros, que poden quedar en nada se os resultados cadran na metade das súas discrepancias.

Con todo isto temos ante nós unha xornada vibrante coa etapa final á vista e con ganas de facer os deberes antes do exame. Non podes deixar de seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 horas desta mesma madrugada e en horario contínuo dende a mañanciña do domingo ata o remate do día. Non perdas unha das etapas decisivas da competición que bota o peche da 11ª tempada de eltiempoentuojete!!

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *