Rolda inaugural para os mellores 16 xogadores do Torneo de Vran en Bengala, onde se vai a seguir competindo durante as 4 roldas das que compoñen a Ojete’s Cup. Balurghat, en South Dinjpur é a escollida para o pistoletazo de saída.
As apostas en tempertura máxima oscilan entre os 33 e os 36º C. As mínimas van dende os 25 ós 29º C. En chuvia recibimos apostas entre 0 e 20 litros, mentres que nos refachos, as apostas van dende os 10 ata os 35 km/h.
Por enfrontamentos, o cacheira de serie número 1, Bar Pequeno, mídese a Rasta con temperaturas similares pero moita diferenza en pluviosidade e refachos de vento. Bar Pequeno pide pouca chuvia e vento moderado, á contra do que necesita Rasta.
Punteiro púxollo doado a Landrán chegando tarde pero as súas apostas en pluviosidade distan tanto que Punteiro pode ter unha oportunidade. Tamén teñen diferenzas moderadas en temperatura.
Botikas e Víbora teñen un desafío entre a elite de eltiempoentuojete. Marcaron as mesmas temperaturas e refacho similar, con mínimas diferenzas na cantidade de chuvia. Semella que se resolverá con foto-finish.
Verducido e Pájaro vense as facianas por primeira vez na Ojete’s con apostas moi parellas que auguran un resultado semellante e por tanto, rolda emocionante.
O mesmo caso na confrontación entre Denodeno e Julio, con todos os parámetros moi similares e con resultado incerto dadas as apostas.
A eliminatoria máis parella é a de Michi con Beocha. Apostas en temperaturas iguais e somentes 1 litro e 3 km/h. de discrepancia nos parámetros de pluviosidade e vento. Emoción no límite.
Compoñente Sur e Sarabia mallan as temperaturas e teñen vento similar pero as apostas en pluviosidade difiren o suficiente para que sexa a priori o parámetro decisivo neste enfrontamento.
E para Mingos e Marius as diferenzas atopámolas nas temperaturas, con moi pouco espazo entre as apostas de chuvia e refacho. Moi apertada tamén esta batalla.
Como podes ver, na maioría dos casos a competición está moi axustada e agardamos para o domingo loitas moi emocionantes durante todo o transcurso da xornada. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o desenvolvemento final da etapa.