Sen chuvia en Santa Comba

Pena de xornada esta 23ª de Fontecada, Top-3 en pluviometría en Galicia, que nesta ocasión semella vai estar de secano e non ofrecerá as diferenzas agardadas para unha localización deste nivel. Pero quédannos outros parámetros en liza e poden ser decisivos cando un punto pode modificar o suficiente a clasificación como para gañar algún posto ou perdelo, que pode ser o caso.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 8 ata os 12º C. cun pico de 15 e outro de 17º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 9º C. As precipitacións son un capacho baleiro, mentras que os refachos de vento van dende os 24 ata os 81 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co reto de encumbrar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.

Saúde e sorte!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *