Sorpresa na apertura

Unha vez desputada a primeira rolda da Ojete’s Cup en Bengala temos que anunciar algunha sorpresiña nos enfrontamentos en Balurghat. Pero antes imos facer un breve repaso do acontecido nesta xornada inaugural.

A chuvia foi determinante en moitas das batallas planteadas en Balurghat e non se fixo agardar. Nas duas primeiras horas do domingo cairon 10 litros de chuvia que foron definitivos ó final do día e que foron acertados por un dos gañadores. Tamén as temperaturas tiveron algo que dicir, cunha máxima de 33º C. e unha mínima de 26º C., que foron atinados polos outros dous vencedores. O refacho de vento fóise ata os 8 nos, equivalentes a 15 km/h. e que tamén mallaron estes 2 últimos trunfadores.

Rasta, Verducido e Michi levaron o premio e o pase á seguinte fase pola parte boa do cadro con 58 puntos. Michi mallou a chuvia e perdeu 2 puntos no resto dos parámetros, mentras Rasta e Verducido perderon 2 puntos na auga cravando temperatura e vento. Gran resultado para os tres que engaden unha nova vitoria nas suas estadísticas históricas.

Grandes resultados para Beocha con 57 puntos e Pájaro con 54 pero que toparon cos mellores valores na súa contra e pasan á parte vermella do cadro moi o seu pesar e ds grandes puntuacións obtidas.

No repaso dos enfrontamentos, o derradeiro cacheira de serie, Rasta, venceu ó número 1, Bar Pequeno, que desta vez non atinou ns suas prediccións de chuvia miúda e petou contra unha gran aposta de Rasta que o deixa fora dos 8 mellores. Landrán (9) superou a Punteiro (8) grazas a penalización por tempo, senón, quizais outro galo cantaría, nun duelo que prometía igualdade polas posicións iniciais de ámbolos dous. Rasta, o mataxigantes, enfrontarase a Landrán no camiño ó título e Bar Pequeno e Punteiro loitarán por gañar a final B, a do cadro vermello.

Botikas (4) e Víbora (13) pelexaron entre lendas e o resultado caeu para o de sempre. Grandes apostas as de ambos xogadores que se decidiu pola cantidade de auga. Verducido (5) fixo unha gran xornada con pleno en temperaturas e refacho e perdendo 2 puntos na auga, polo que o soño de Pájaro (12) quedou truncado a pesares da gran aposta ofertada. Combate de titáns en segunda rolda entre os 2 meteoludópatas máis laureados, unha final anticipada. Polo outro lado do cadro, Víbora tentará resarcirse ante a gran promesa desta tempada, Pájaro.

Non ofreceron a súa mellor faciana Julio (15) e Denodeno (2), pero este último leva o premio do pase á zona verde do cadro na batalla máis seca de entre as que se xogaban. Beocha (7) e Michi (10) ofreceron un gran espectáculo con duas das mellores puntuación desta 1ª rolda, caendo a vitoria do lado de Michi, que se enfrontará a un inimigo con anos de experiencia pero en racha dende fai un par de meses. Combate con final impredecible. Julio e Beocha seguen na loita pola final B.

Compoñente Sur (3) venceu na sua loita con Sarabia (14) por só un punto decisivo de auga. Igualdade máxima entódolos parámetros. Non foi así no choque entre Mingos (6) e Marius (11), onde gañou en tódolos parámetros agás o vento. 6 puntos de diferenza que anima a Mingos na súa próxima disputa con Compoñente Sur, que semella estará moi apertada. Sarabia e Marius buscarán a súa primeira vitoria e na procura da vitoria na banda vermella do cadro.

Este é un resumo do acontecidona xornada inaugural de Balurghat. Para completar a información e indagar no cadro de segunda rolda podes picar no enlace que ofertamos baixo estas letras. Non esquezas que ainda que perderas na primeira rolda o xogo continúa para tí, na busca da mellor clasificación posible, onde somentes un participante pode gañar todos os enfrontamentos e só un deles vai quedar sen acadar vitoria. Loita por non ser ese personaxe!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *