Xornada para recordar a de Serra do Eixo 2024. As portas do Olimpo meteorolóxico amateur ábrense para que faga a súa entrada baixo palio a un participante que petou no teito de cristal da távoa de clasificación. Non se acada un pleno tódolos días, para ser exactos dende fai un ano, un mes e algún días, aquel de Corrubedo na data inicial da edición anterior desta mesma competición. Faremos un resumo de tan insigne xornada.
A temperatura mínima chegou na madrugada ata o 1º C., que ainda que se rebaixou no final do día, non mudou o redondeo. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 7º C., tamén redondeados. Os 0.3 mm. de chuvia redondeou en 0 e o vento marcou un refacho máximo de 16 km/h.
E estas foron as apostas que fixo Julio para entrar na historia da competición e facer os 60 puntos, que son o teito máximo que se pode acadar como puntuación. Pouco que dicir, mallou tódolos parámetros e leva máis que unha vitoria. Só lle falta gañar unha competición longa, algo que tampouco fixeron os outros acaparadores de pleno. Pero estando na posición que está, 4º clasificado, e sendo a segunda vitoria nas derradeiras 3 etapas pode estar en disposición de facer o doblete. a só dous puntos do podio, ameaza en serio a estabilidade da xeral. Ave, Julio!!
59 puntos para Michi que quedou a un só punto de entrar na lenda, mallando temperatura e auga e perdendo un mísero punto (polos pelos) no refacho. Gran puntuación que o leva ata o 17º posto pero que anima aseguir na loita. Chúchalle!!
E gran puntuación para Sarabia con 58 puntos perdendo 2 puntos nas temperaturas pero mallando o refacho. Queda na 12ª posición ás portas do Top-10. Segue nese camiño!!
E ata 7 meteoludópatas compartillan a 4ª mellor puntuación na Serra do Eixo con 57 puntos. Xowi marca xa o 14º posto na xeral. Popolo mantén o terceiro chanzo do podio pero recorta cos seus predecesores. Landrán escala ata a 6ª posición. Punteiro e Lume xa están nas portas do Top-10, onde a loita é feroz, no 13º e 11º posto respectivamente. Balboa no lugar 23 e Kaltxon afianzándose no Top-10 na 8ª posición.
E todo o Top-10 recortou distancias coa lideresa Magor, que ve como os chacales van achegándose por tras e semella que o inverno seco non lle acorda tanto coma o outono húmido que lle dou a posición de cacheira da xeral. Chegará a chuvia, sen dúbida, chegará…
Se queres coñecer tódolos detalles da 14ª xornada da Liga da Inverneira en Serra do Eixo, clica no enlace que ofertamos baixo este texto.