O camiño dende Arbo ata Cequeliños e unha sucesión de curvas pechadas entre eucaliptos que baixa ata case o nivel do río Miño. Lugar sombrío no inverno e unha caldeira fervendo no vran. Traballei alí fai 20 anos.
Pero son cousas que esqueces a menos que teñas que ir ata alí. Pero ainda tendo que xogar unha xornada da Liga da Inverneira (dende fai 6 anos) somentes recordo o seu clima o sábado coa aposta xa feita. Entonces me lembro da carencia de vento e que o sol nesta época do ano en Cequeliños non asoma por riba dos montes circundantes. Ademáis non ten unha ocorrencia elevada de chuvia.
Nesta tempada 2019/20 temos un único gañador, apenas un segundo posto e unha recua de competidor@s que a duras penas chegaron ós 50 puntos. A maioría dos trocos na Clasificación Xeral estiveron na zona media e son compricados de comentar.
Por iso, se queres indagar no sucedido na 7ª xornada da Liga da Inverneira, celebrada en Cequeliños, clica no enlace embaixo estas letras.