Un inicio coñecido

Rematou a etapa inaugural da VIII Liga da Inverneira, con Corrubedo coma escenario e cun resultado algo semellante a outras edicións.

As temperaturas estiveron por baixo do agardado en xeral, quedando a mínima en 15º C. A máxima acadóuse cara o mediodía do domingo. Na sobremesa nubróuse o ceo e non permitiu acadar máis dos 19º C. definitivos. Choveu pouco máis de 1 soitario litro e o vento sí estivo nos parámetros apostados con 41 km/h.

Os tres xogador@s que coparon o podio coñecen ben a primeira etapa desta competición. Entre os tres acaparaban ata 5 vitorias nas 7 edicións desputadas. Nesta ocasión repetiu Michi , con 57 puntos na súa terceira vitoria en soidade. Terceira vez que colle o liderato da xeral en Corrubedo.

Mina, con duas vitorias e Xowi con unha, exhibiron o seu saber en Ribeira con 56 puntos, somentes un por tras do gañador. Son dous meteoludópatas que optan á vitoria final e semella comezan a competición “na llama“.

Mingos, Juanito Caminante e Marius achegaron 55 puntos no seu marcador. Son xogadores que comezaron cunha alta proxección e andaban un pouco estancados. Se continúan neste nivel podemos ver algún ascenso de calidade. Se controlan á súa puntualidade…

Con 54 puntos atopamos a Balboa, ben situado na xornada. Breogán77, Sarabia e Jose Lopez experimentaron ascensos de nivel importantes nas derradeiras duas tempadas e posiciónanse para “molestar” ós grandes favorit@s. Mjölnir obtivo un inicio prometedor, e, se coñeces ós seus “padriños”, podería ser ata unha amenaza factible. Dalle duro, vikingo!!

Esta somentes é unha aproximación ó Top-11 da xornada inaugural en Corrubedo. Para coñecer tódolos detalles, pica no enlace embaixo estas letras.

  • Aviso: O cadro de vitorias históricas amosa dende esta xornada o total de vitorias, incluindo as acadadas na Ojete’s Cup. Antes, esta clasificación non tiña engadidas ás mellores puntuacións nese torneo. De aquí en diante, reflexan as vitorias en tódalas competición de eltiempoentuojete.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *