A VI Liga da Inverneira chega á sua segunda xornada, un pequeno cumio na mariña lucense. Agardamos tempo inestable e posiblididade de precipitación febles. Xusto o que amosan as postas da etapa.
Apostas moi semellantes no canto das temperaturas, con máximas rondando os 20º. O tope, unha aposta de 26, e compricada nun lugar onde en agosto cóstalle chegar. As mínimas, entre 11 e 15º con un pico alto en 17 e o baixo en 7º C. O pico da pluviosidade chega ata 8 litros, pero a metade das apostas non agardan chuvia, e a outra metade non pasa dos 3 litros. Os refachos de vento van dende 18 ata 58 km/h. e a maioría das apostas están no segmento de 30 a 50 km/h.
Polo tanto moita expectación ante apostas moi semellantes en varios parámetros. Podes seguir a xornada ao vivo o domingo dende eiquí.
Antes de amosar as apostas, duas novidades:
- A Crónica-crítica de Corrubedo, por Iru, xa está dispoñible. Clica eiquí para acceder a ela.
- Engadimos “Nubes en el Ojete”, canal de YouTube que amosa distintos tipos de nubes en Galicia. Suscríbete!!. Enlace na barra lateral (abaixo de todo nos móviles) ou entra dende eiquí.