Unha liga moi viva

Cando todo semellaba que poucos movimentos se agardaban cara o final da Liga, dacordo ás diferenzas entre competidores, podemos dicir que era somentes un espellismo,una quimera. A falta das 6 derradeiras etapas a clasificación xeral apértase nas puntuacións e moit@s meteoludópatas están a dar un pulo final nas súas carreiras, mentras que outr@s trocan posicións case cada semana buscando o mellor posicionamento na cita final en Xesteiras. A xornada de Lardeira a priori non era das que deixan pegada pero os resultados finais amosan que ainda se loita duro en case tódalas zonas da távoa de clasificación.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 3º C., moi por riba do que se marcou en días anteriores, con valores en negativo. Pola tardiña acadóuse a máxima diaria con 5º C., esta sí moi por baixo da maioría dos pronósticos. O único litro de chuvia sí que estivo na media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 48 km/h., tamén moi perto a moitas apostas.

E así atopamos a un dos loitadores sen descanso desta edición no máis alto da clasificación da etapa de Lardeira. Julio volve destacar cunha vitoria que o fai ingresar no Top-10 de vitorias acumuladas con 22. Facía 4 anos que ninguén ousaba entrar neste Top que tiña inquilinos de renda fixa. Botou a Víbora que estará a pensar na vinganza e regreso. 56 puntos para el, cun impresionante acerto na temperatura, moi axustado no refacho e perdendo 3 dos 4 puntos na chuvia. Suma a súa terceira vitoria nesta edición e sube do 8º posto ata o 6º. Ven desbocado!!

Outro resultado con cheiro a trunfo foi o de Botikas con 55 puntos. Boas puntuacións en tódolos parámetros para restarlle 5 puntos á lideresa Magor e achucharlle no pescozo, avisando do que pode ser capaz de cara o final. Conocéndoo, non vai deixar de pelexar polo título que ainda lle pertence. Demostra quen es!!

54 puntos para Beocha que ainda non dixo a derradeira palabra. Non sendo a temperatura máxima, gran etapa para ela, co premio de subir un posto, ata o 5º e ameazar a Mina, que ostenta o 4º. Non deixou o Top-10 en toda a tempada e semella que ainda ten folgos para atacar o Top-3. Ensina os dentes e as unllas!!

Con 53 puntos entraron Víbora e Verducido, con títulos da Inverneira nas estanterías que este ano loitan por metas máis modestas. Víbora salta do posto 18º ata o 14º, tentando acadar un Top-10 que xa está máis preto e semella factible. Verducido trepa ata o 8º dende o 11º tentando asegurar o Top-10 e quizais algo máis. Vamos, que se pode!!

Vari@s meteoludópatas sumaron 51 puntos en Lardeira. Xowi sitúase a un só punto do Top-10 que se lle resiste toda a competición. Para Breogán77 estos puntos metérono no Top-20. Mina mantén a posición e recorta co Top-3 en mans de Popolo. Xa queda pouco e hai que dar o mellor!!

Estas foron as oito mellores puntuacións na 20ª etapa desputada en Lardeira. Nas posicións dianteiras o combate é pechado, sen perder conta do resto do pelotón, na busca de melloría. A xeral anda na llama!! Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *