Unión de final e comezo

Gran remate do XI Torneo de Vran, polo que xa coñecemos toda a información que nos deixa a competición en Cachemira e, de igual forma, a que precisamos para iniciar o derradeiro concurso da tempada 2024/25, a Ojete’s Cup a desenrolar tamén en territorio pakistaní. Antes de dar conta destas cuestións, imos desgranar o acontecido na etapa final en Garhi Dupatta.

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que baixou no anoitecer ata os 22º C. definitivos. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 34º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, voltóuse tormentosa no mediodía e nas primeiras horas da tardiña, chegando a sumar ata 24 litros. O vento marcou un refacho máximo de 7.5 nós, 14 km/h.

Deste xeito obtivemos ata 4 vencedores que quedaron ás portas dos 40, con 38 puntos cadanseu. Botikas logrou gañar en 4 das 5 etapas desputadas para levar o campionato no peto. Julio acada a súa 3ª vitoria das 5 etapas en curso e queda no 4º posto debido a un retraso nunha delas. Landrán tamén leva a vitoria situándose no 11º lugar con praza para a Ojete’s Cup. Por último, M.B. Joaquín despídese do torneo con vitoria ainda que non acada praza para a competición u-contra-un por duas incomparecencias.

Con 37 puntos ata 7 participantes. Modesto, Kaltxon, Sarabia, Michi, Víbora, Beocha e Marius levan a segunda mellor puntuación do día, ainda que Michi e Modesto non lograron praza na Ojete’s Cup de Pakistán.

Estes foron os 11 mellores competidores nesta etapa de Garhi Dupatta. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.

Polo tanto e como resumo, Botikas é o vencedor final, con Verducido segundo e Beocha terceira completando o podio. Como cacheiras de serie para esta primeira rolda están, por orde de 4º a 8º, Julio, Víbora, Kaltxon, Compoñente Sur e Breogán77. Seus contincantes son, por orde de 9º a 16º, Bar pequeno, Xowi, Landrán, Marius, Denodeno, Popolo, Sarabia e Rasta.

Esta mesma semana está concertada a cita para a primeira rolda de competición, con destino en Jhelum, na provincia do Punjab, sempre no país de Pakistán. Cara esta noite de luns agardamos estén xa configurados os menús e os destinos na web. Como adianto, ofertamos a composición do cadro para a 1ª rolda cos correspondentes enfrontamentos.

Calqueira dúbida podédela consultar no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *