Volta ás grandes marcas

A falta de precipitacións nesta terceira xornada desputada no concello de Oia, en Castro Vicaludo, volveu deixar altos marcadores en case tódol@s participantes. Somentes 5 estiveron por baixo dos 50 pubtos, na maioría con problemas co refacho. No estaría fora da lóxica se nese pequeno feixe non atoparamos á líder nas xornadas anteriores, que ademáis do vento, tamén pinchou nas temperaturas. Polo demáis,nada que non coñezamos xa de outras edicións…

A temperatura mínima non baixou dos 16º C. en todo o día, manténdose tanto de madrugada como á noitiña. A máxima acadou os 22º C. certíficando un pequeno vran no medio das borrascas. Non caeu nin pinga e o refacho máximo chegou ata os 41 km/h. preto do almorzo.

De toda a aritmética sustraida dos resultados saíron 3 vencedores, vellos coñecidos que entre eles suman 80 vitorias históricas. 57 puntos con gran valor, cada un coas súas razóns. Os tres tiñan a mesma temperatura, na que perderon 2 puntos e un refacho similar no que deixaron outro, Botikas colle o mando da clasificación e xa veremos se a deixa. Lukas tivo un mal comezo pero sube ata o posto 16, mentras Víbora esvarou en Penedo da Galo e tenta recuperarse aupándose ata a posición 21, iso sí, os dous bastante lonxe da cacheira da xeral.

E ata 7 meteoludópatas comparten 2ª praza da etapa con 56 puntos. Magor, que mantén Top-10 dende o 6º lugar, Breogán77 que empata a puntos na 17ª posición, Rasta na derradeira praza do Top-10, Popolo, forte na súa 5ª posición, Verducido xusto tras do líder, Beocha ocupando o 7º lugar e Marius que comparte a 10ª praza. 6 dos 7 están no Top-10.

Para acadar toda a información referente a esta 3ª etapa da XI Liga da Inverneira de Galicia, preme no enlace que deixamos baixo estas letras. E se non te gusta o que ves, pensa que isto somentes acaba de comezar e que donde as dan, as toman e que todo pode dar a volta se se traballa ben e se ten sorte.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *