Despóis dunha semana de frío invernal, semella que volta o outono nesta 10ª xornada en A Gándara, no concello de Vimianzo. O vento troca a sur-suroeste e volve entrar a chuvia dende o Atlántico. Nova ocasión para coroarse ou repetir ridículos anteriores, todo pende dun fío. As apostas amosan de novo dous bandos. O que aposta chuvia por baixo dos 10 litros e os que apostan por riba deles. O resto de parámetros está máis parello ainda que nos refachos de vento tamén atopamos moita diversidade, ou o que é o mesmo, diferenzas de puntos nos marcadores.
As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 11 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 12º C., estas de novo con oscilacións medias e dúas apostas á baixa, de 4 e 3º. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 2, ata os 24 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 8 ata os 75km/h., sendo un parámetro moi aberto.
Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



