3ª xornada

Baton Rouge

Entorno

En Baton Rouge trocamos de estado e chegamos a Luisiana para desputar a 3ª xornada da Liga de Primaveira. Seguimos entre pantanos, pero máis alonxados da costa do Golfo.

Baton Rouge debe o seu nome ó emblema en forma de totem da tribu dos natches. Españois e, sobre todo, franceses, chamábano “bastón vermello”. Os primeiros indicios de establecimento foron cara 1718, cando Bernard Diron Dartaguette recibe unha concesión do goberno colonial e trasládase alí con 25 escravos, segundo os rexistros.

Baton Rouge pasou por variadas épocas con distintas bandeiras e gobernos. O periodo francés abarca dende 1699 ata 1763, ainda que o interés gabacho apenas durou unha década. O periodo británico mantívose ata 1779, cando os españois tomaron o mando. No 1810 chegou a República do Oeste de Florida e despóis de dous anos pasou a formar parte dos estados da Unión.

Localización

Datos da estación

A Estación Baton Rouge está ubicada a 30,53º de latitude e -91,14º de lonxitude e a unha altitude de 19 metros. Situada, daquela, no estado de Luisiana, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 1930.
 

Sensores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 25 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 23 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa