Entorno
O Xistral xuzgará esta xornada final ós apostantes da VII Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete. É a suplente da xornada de Xesteiras, de novo con problemas no anemómetro. Estrea da estación do concello de Muras nesta VII edición da Liga da Inverneira. E decidirá esta edición tan competida…
O Xistral é unha serra no noroeste da provincia de Lugo, preto do Mar Cantábrico. Este mar fai que a entrada de vento e humidade sexa constante, deixando moitas precipitacións, incluso en forma de neve, a pesar dos apenas 1000 mts. de altitude. Outro fenómeno é a intensa néboa, facendo o lugar inhóspito e relegando á poboación humana aos vales, con menor altitude.
Quizáis esa falta de actividade humana fixo que asentaran algunhas especies de aves que fan da Serra do Xistral un dos mellores observatorios de aves do país galego. Entre elas destacan o buitre leonado, o cernícalo vulgar ou os milanos negros, dentro das rapaces. Tamén podes atopar camachuelos, verderóns ou lavandeiras de fervenza.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Catavento
- Piranómetro
- Sonda de Temperatura de superficie/solo
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Datalogger
- Sonda de Temperatura e Humidade