Penúltima de Inverneira

Duas xornadas restan para o remate da presente edición da Liga da Inverneira. E semella non van ser doadas, comezando cunha etapa complexa en A Granxa, no concello de Ponteareas. Agárdase unha fronte atlántica e unha entrada na tardiña de outra procedente do norte. Xornada de ambiente revolto como se agarda das etapas máis preto do troco da estación.

As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 19º C. As mínimas van dende os 8 ata os 13º C. Ata oito apostas con chuvia, entre 1 e 2 litros, no medio das apostas maioritarias sobre seco. O refacho de vento establécese entre os 8 e os 40 km/h.

Con apostas tan apertadas podemos supoñer unha etapa moi reñida, acorde ás apostas recibidas e os buratos mínimos entre moit@s d@s competidores. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partir da 01:30 desta mesma madrugada. Non perdas o desenvolvemento da penúltima e decisiva xornada da VII Liga da Inverneira de Galiza.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *