Tronadas e lóstregos

New Orleans ten fama de cidade chuviosa dentro da Costa do Golfo. E nesta 4ª xornada da VIII Liga de Primaveira foi a primeira en deixar chuvia acumulada. Despois de tres xornadas sobre seco, as treboadas foron o factor principal neste pasado domingo.

As temperaturas estiveron dentro das marxes das apostas, con 27º de máxima e 21 de mínima. A chuvia acumulada acadou os 13 litros e un refacho puntual chegou ata os 61 km/h. O dato do vento foi collido dos resultados minutais da xornada ao vivo, pois o amosado na taboa final era inferior ó recollido nos minutais.

Breogán77 acadou a máxima puntuación, 57 pts., perdendo somentes un punto na auga e dous na temperatura, despois de atinar no refacho de vento. Primeira vitoria nesta edición que o leva ata o liderato da competición, con tres puntos de vantaxe sobre os persecutores. Parabens pola magnífica xornada.

Coma segunda marca da xornada está Punteiro, con 56 pts., acadando a 5ª praza na xeral. Tras del, con 55, Víbora, que chega ata o 3º posto. Rasta76 queda ás portas do Top-10 e Lukas, no posto 21 botando en falta os 10 puntos de penalización que o colocarían no podio.

Balboa está no grupo dos 54 puntos, permitindo o segundo posto xeral. Jose Lopez colócase 6º, entre a élite. Kaltxon achégase ó Top-20 na clasificación.

Xowi, Landrán e Popolo marcan 53 puntos. Xowi e Landrán manteñen o Top-10 e Popolo segue afundido máis aló do posto 20.

Se queres coñecer tódolos datos relacionados coa etapa de New Orleans, podes atopar respostas no enlace embaixo estas letras.

Na OjeteQuake prevaleceu o sismo recollido en Chile, con 5,8 na escada de magnitude. Isto resultou nunha vitoria en soidade de Landrán, que superou a Zalamera por un so punto, apenas 100 km. nun mapa mundial. Con esta puntuación Landrán sube ata o segundo posto da xeral. Zalamera entra no Top-10 nunha xornada na que somentes estes participantes, xunto con Iru, superaron a barreira dos 400 puntos.

Se queres indagar no acontecido na 4ª xornada da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *