21ª xornada

Fontecada

Entorno

Fontecada, en Santa Comba, é outra desas estacións que están no Top-5 das que recollen maior cantidade de litros de auga. Xa ten feito algunha escabechina na Liga da Inverneira e @s apostantes de eltiempoentuojete imos ter que xogar con moito coidadiño.

Fontecada é unha parroquia do concello de Santa Comba, na provincia de A Coruña. Ten un coeficiente de chuvias que, xunto con Fornelos de Montes, non baixa do Top-3 ano tras ano. Pero non todo vai ser auga. Este concello tamén está no Top-5 en producción de leite de vaca. Descoñecemos o número de vacas, pero é maior que de persoas, inferior a 500.

A parroquia de Fontecada pertence ó concello de Santa Comba. Principalmente agrícola e gandeira, tivo o seu auxe na 2ª Guerra Mundial, extraendo wolframio para o armamento alemán. Outro factor de desenrrolo foi a emigración. Ata os anos 50 cara latinoamérica,despóis centroeuropa. A finais dos anos 70, o 60% da poboación activa era emigrante. Hoxe en día a alta tecnificación gandeira marca a pauta .

Localización

Datos da estación

A Estación Fontecada está ubicada a 42,97º de latitude e -8,87º de lonxitude e a unhaaltitude de 369 metros. Situada, daquela, no concello de Santa Comba, provincia de A Coruña, foi dada de alta o 25 de Setembro de 2003

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 16 de Febreiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 14 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *