21ª xornada

Fornelos

Entorno

Tras deixar atrás os cúmios do noso país eses altos e baixos, moito máis baixos pra algún, chegamos ata Fornelos de Montes na que é a 21ºetapa da nosa intrépida Liga Meteorolóxica, e coma non podería ser doutra forma eiquí agárdanos a presenza ata agora ineludíbel da auga, así que compañeiros meteoludópatas, a poñe-lo traxe de augas xa que non sempre chove a gusto de tod@s, pero xa son horas de meter un pouco de presión xa que estamos diante do considerado coma o tramo final, ansiado e odiado a partes iguais, pero o que teña que ser, será, ou iso dín…

O concello de Fornelos de Montes pertence á comarca de Vigo, á que abastece de auga dende o encoro de Eirás. A zona de montaña pertence á Serra do Suido, con cimas por riba dos mil metros. Dende os altos, baixa a moi considerable cantidade de auga ata os vales fluviais, que co tempo formaron barrancos e fervenzas moi inestabeis. Gozan de temperaturas mornas no vran, pero xeralmente frías no inverno.

Preto do encoro de Eirás existe o chamado Monte da Cidade. É un curioso enclave de orixe castrexo duns 6000 m², con ríos e serras con abundante caza e pesca. O lugar ten un foso defensivo, pero o máis curioso é que ten outro que atravesa o poboado polo medio. Auténtica maxia de Galicia.

Localización

Datos da estación

A Estación Fornelos de Montes está ubicada a 42,32º de latitude e -8,4º de lonxitude e a unha altitude de 705 metros. Situada, daquela, no concello de Fornelos de Montes, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.

Sensores

  • Sensores da Estación
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 13 de Febreiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 11 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa