24ª xornada

Xinzo

Entorno

Por fin meteoludópatas, en Xinzo, entramos no tres últimos peldaños deste perigoso e emocionante ascenso cara tentar acada-la tan ansíada victoria da nosa Liga. Alguén pensará que xa se vendeu o peixe pero o mellor chega un barco a última hora, qué será o que depare a terra dos Pantallas. Queda moi pouco compañeiros, aproveitade as últimas oportunidades, ou non…

Se por algo se coñece Xinzo de Limia, é polo seu entroido. A orixe non está documentada, pero semella que ven de ritos agricolas dos tempos prerrománicos. Desenrrólase durante un mes e ten coma protagonistas “as Pantallas”, vestidos de branco, con máscaras de cores, capa vermella e campanelas. Armados con vexigas persiguen ós varóns non disfrazados, álzanos  en alto e lévanos ata un bar, onde penarán en cuncas de ribeiro.

A Lagoa de Antela e unha lagoa desecada na década dos anos 50, ainda que xa o tentaran os romanos. Abarcaba cinco concellos da comarca da Limia. Na actualidade está aproveitada para a agricultura, ainda que queda algunha empresa arenera, pola calidade  da area da lagoa.

Localización

Datos da estación

A Estación Xinzo está ubicada a 42,08º de latitude e -7,73º de lonxitude e a unha altitude de 615 metros. Situada, daquela, no concello de Xinzo de Limia, provincia de Ourense , foi dada de alta o 15 de Febreiro de 2000.
 

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 6 de Marzal. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 4 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexar