Despóis das 4 primeiras xornadas atopamos un escenario onde ningún participante supera os 50 puntos de media por xornada. A pluviosidade causou estragos entre a maioría, pero o vento e as temperaturas tamén axudaron a acadar unha das porcentaxes de acerto máis baixas na historia de eltiempoentuojete.
A gráfica de acerto xeral resume esta baixa porcentaxe nas prediccións. Os 5 primeiros da xeral acreditan a sua posición.
Polo que respecta ás temperaturas, Xowi é o máis acertado,seguido por Alucarda, que antes desta semana chegaba ata o 93%. M. B. Joaquín supera a Juanito Caminante, que iguala con Verducido e Popolo, dende o posto 20.
A pluviosidade é un dos parámetros máis compricados de predicir nesta edición. Eiquí domina M. B. Joaquín, cunha porcentaxe moi superior ó resto. Bar Pequeno e Denodeno, cunha xornada menos, igualan a Juanito Caminante e superan a Mjölnir, o novato con aspiracións.
Os refachos de vento semellan menos importantes que o resto de parámetros, pero o certo é que poden decidir dende unha etapa ata unha competición coma a Liga da Inverneira. Ningún dos 4 primeiros clasificados aparecen nesta gráfica, pero sí moit@s que están no Top-10. Julio lidera con comodidade este parámetro, con Mingos e Modesto por tras, cun 90% de acerto e Sarabia e Jose Lopez superan o 87%. O líder, Juanito Caminante anda no 85% e Xowi no 83%.
E se te preguntas onde está o segundo clasificado, M. B. Joaquín, que aventaxa a Juanito Caminante na temperatura e na pluviosidade. A resposta está na gráfica que amosa as catro piores porcentaxes en refachos de vento. A quén podemos atopar coa segunda pior marca de todal@s participantes? A pior tendo enconta que Denodeno non desputou tódalas xornadas. Se mellora os seus pronósticos no refacho de vento, estaríamos ante a mellora máis inesperada por parte dun xogador cunha traxectoria que tende á desfeita estrepitosa e cun palmarés por baixo do Liceo Caixa Galicia na Liga de basket NBA.
Para evitar desgustos imos omitir a gráfica de acerto en pluviosidade, onde Landrán perdeu o 70% dos puntos desputados, marca record á baixa que quizáis non mereza un xogador da súa clase. Ainda que as estadísticas non menten…
Máis datos en breves…