A chuvia con antollos

Semella que este ano non estamos finos no rego da chuvia. Despóis de 4 xornadas as desfeitas hídricas foron maioría. E non foi moi distinto no concello de Meis, onde se desputaba a xornada na estación de A Armenteira. Preveíase unha parte de chuvia a primeira hora da madrugada, pero cara as 23:50 o pluviómetro quedou estancado e non se acadou nada de chuvia ata a tardiña do domingo, no segundo turno de chuvia que se agardaba coa entrada dunha fronte atlántica. Pois ata 16 litros recollemos ata o final da xornada, con cantidades dezminutais importantes. A entrada destas frontes dende o sur deixaron unha sensación de calmuza que se traduciu en temperaturas máximas moi mornas, acadando un valor de 20º C., o mesmo que nas mínimas, que non baixaron dos 16º C. O vento deixou pegada na primeira parte do día, chegando ós 27 km/h. Ó final do día reactivárose os refachos pero sen superar os valores anteriores.

Moitos foron os trocos o longo da xornada meteorolóxica, pero ó remate atopamos a dous destacados sobre o pelotón principal. Modesto e M. B. Joaquín eran os máis ousados entre as apostas de chuvia e foi esa afouteza aque tivo premio. Obtiveron 45 puntos, a puntuación de vitoria máis feble ata o de agora. M. B. Joaquín acadou boa puntuación nas temperaturas e Modesto clavou o refacho.

Con 44 puntos entraron Mingos, Nanuq e Belenchis, que a punto estivo de sumar a primeira vitoria na sua competición inaugural. Con 43 puntos temos ó líder, Juanito Caminante, un dos seus principais persecutores, Xowi, máis un dos favoritos, Víbora e a outra novata, Zalamera. Este é o Top-9 en A Armenteira.

Na xeral segue a comandar Juanito Caminante, con somentes 5 puntos sobre M. B. Joaquín, que “anda na llama” neste inicio de Liga. 4 puntos por tras está Xowi, un máis que o novato Mjölnir, que mantén o 4º posto, a 10 puntos do liderato. Mingos chega ata a 5ª praza no seu mellor inicio na Liga da Inverneira. Julio e Alucarda van pouco por tras, nunha xornada que non lles foi beneficiosa. Cos mesmos puntos aguanta Jose Lopez. Sarabia tampouco sacou proveito en Meis e queda no 9º lugar. Pecha o Top-10 Nanuq, cunha xornada que o fai soñar con cotas altas.

Entre o 10º e o 20º lugar atopamos a moit@s dos favoritos á vitoria final, con moito camiño por percorrer a máis de 20 puntos da cacheira da xeral. Veremos o que poden facer para estar máis preto e cómo se defenderán a plétora de “estran@s” que ocupan os postos de privilexio.

Se queres acceder a tódolos datos recollidos na 4ª etapa da Liga da Inverneira, preme no botón abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *