A 4ª etapa da VIII Liga da Inverneira visita o concello de Meis, con un ambiente moi semellante ás duas primeiras etapas da competición. Pero desta vez as apostas en pluviosidade están bastante acobardadas en comparación ás primeiras xornadas. Seica fomos aprendendo… Ou quizáis A Armenteira nos corrixa de novo…?
Agárdase a chegada de duas frontes, unha na madrugada do domingo e outra nas derradeiras horas da noitiña. Non se esperan temperaturas extremas nin ventos furacanados.
Deste xeito temos apostas en temperatura máxima que van dende os 17 ata os 23º C. As mínimas, no rango entre os 8 e os 17º C., moitas diferenzas que se traduciran en puntos gañados ou perdidos. As apostas en pluviosidade acadan os 5 litros no seu máximo e seca total no baremo máis baixo. Os refachos de vento están establecidos dende os 18 ata os 50 km/h. Nas catro edicións anteriores non repetiu nengún dos vencedores. Veremos gañador@ nov@ ou teremos reincidente?
Para seguir a xornada en directo podes facelo dende este enlace ao vivo, a partires das 02:30 desta mesma madrugada.