Etapa de altura a que nos agarda en Ancares, a máis de 1300 metros de altitude e coa ameaza dunha borrasca atlántica que podería convertir o escenario nun inferno meteorolóxico. É das etapas que mudan a clasificación xeral, con tódolos parámetros en acción, pois segundo as apostas, hai moita marxe entre participantes.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 6 e os 14º C. Parámetro aberto. As temperaturas mínimas reflicten case a mesma disparidade, con apostas entre 1 e 8º C., cunha punta máxima de 11º C. As prediccións para a chuvia establécense entre 2 e 32 litros, con todo tipo de valores intermedios. Parámetro aberto a tope. Os refachos de vento sinalan uns valores que van dende os 20 e os 95 Km/h. Outro parámetro con banda ampla, cunha marxe máis que folgado.
Desta forma temos ante nós unha das etapas que han de marcar o desenrolo posterior da VIII Liga da Inverneira. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.