Abaneando a maceira

Ancares xa tiña un historial de chuvia bastante activo nos anos anteriores. 5 das 7 edicións desputadas xogáronse en mollado, pero cunha recollida máxima de 6 litros. Este ano rachou a cabaza con 31 litros apañados neste domingo. Foi o parámetro máis abultado, pero precisou moito acerto tanto nas temperaturas coma nos refachos de vento. A xornada iniciou con 4º C., que fixou a mínima do día, e foi subindo na madrugada e xa no mediodía marcóuse a temperatura máxima en 7º C. A chuvia caeu durante toda a etapa, acumulando auga con valores de ata 1 litro cada 10 minutos. Ata as 23:00 horas mantívose a tendencia de chuvia forte. Na derradeira hora baixou a cadencia, acadando un total de 31 litros no final do día. Os refachos de vento non baixaron dos 45 km/h. ata as 17 horas, cando comezou o declive. Antes xa se chegara ó valor máximo, con 61 km/h. pouco antes do mediodía.

Moit@s foron os líderes transitorios mentras os parámetros mudaban. Xente afundida rexurdiu e @s primeiros líderes espetáronse cos trocos. Nos derradeiros momentos foron as apostas máis arriscadas as que reverdeceron e notaron melloras na clasificación xeral.

O reconto final sinala a Punteiro coma gran vencedor dunha etapa espectacular. Deixa atrás un punto na temperatura, tres na pluviosidade e outros tantos no vento para un total de 53 puntos. Ingresa no Top-10 e convértese en ameaza no que queda de Liga da Inverneira.

51 puntos acadou Nanuq, con apostas precisas en temperatura e vento e deixando 7 puntos na pluviosidade. Salta do 9º ata o 5º posto, deixando atrás un par de xornadas de perfil baixo.

50 puntos foron os achegados por Julio, o xogador coa aposta máis arricada en auga. Pena dos 6 puntos perdidos no refacho, un parámetro no que adoita destacar. Outro que ingresa no Top-10 pola vía rápida e ainda está a tempo de dar un disgusto á tropa destacada.

Aki e Marius ingresan 47 puntos na conta, con grandes prediccións na temperatura, mediocres na chuvia e no vento. Aki volta ó Top-10 no derradeiro lugar e Marius colócase ás portas dese Top con boas sensacións nestas últimas etapas.

46 puntos para Verducido, que se fai coa segunda praza e queda a somentes dous puntos do líder, Xowi, que sente o medo de preto.

44 puntos suman Beocha e Kaltxon. Beocha perde a segunda praza pero recorta puntos ó lider, quedando a tres puntos. Kaltxon entra no Top-20 e amosa melloras sustanciais.

42 puntos para o líder Xowi, Víbora, Sarabia, Ocandepavlov, Juanito Caminante e Iru. Xowi mantén o liderato, Víbora vive un retroceso na xeral, da mesma maneira que Ocandepavlov, mentras Sarabia e Juanito Caminante manteñen a posición. Iru está perdidiño na posición 25.

Se queres consultar tódolos datos extraidos da 16ª etapa da Liga da Inverneira, en Ancares, pica no enlace embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *