Cheirando a fin

Tres únicas xornadas restan para o final da VIII Liga da Inverneira e os puntos valóranse máis que nunca cara un remate de competición con dignidade. Semella que se non entra algunha borrasca nas etapas vindeiras o título pode estar adxudicado. As posicións de honra no Top-10 ainda están por dilucidar, incluindo o podio da xeral, que mantén unha loita aberta entre 4 xogador@s, ainda que se poden sumar outros competidores.

A temperatura mínima tardou pouco en quedar ancorado no 6º C. no comezo da xornada en Fontecada. A partires dese momento a temperatura non fixo senón subir, acadando os 12º C. no mediodía, baixa para o apostado. Ainda que o marcador final de auga mantívose en 0 litros, as gráficas dezminutais amosaban 0.2 litros, o que tampouco trocaba nada. O vento soprou moderado entre o amencer e a soremesa, chegando a unha marca baixa de refacho de 25 km/h.

A vitoria estivo repartida entre 3 competidores que acadaron os 58 puntos en Fontecada. Primeira vitoria nesta 8ª edición para Balboa e Lume, mentras Punteiro fai a terceira, segunda consecutiva. Lume achégase ó Top-20 e Balboa segue na loita por entrar no Top-10. Punteiro afiaza a sua posició dentro dese mesmo Top e tentará mellorar o 9º lugar que ocupa actualmente. Gran xornada para os 3.

Aki e Jose Lopez aumentan o seu marcador xeral e 57 puntos. Jose Lopez entra no Top-20, con posibilidades de subir posicións. Aki, na 8ª posición, tentará reducir os 6 puntos que o alonxan dos 7 principais.

Un grupo de 6 xogador@s achegaron 56 puntos ó seu marcador. Oscar e Iru navegan máis aló do posto 25 e buscan un remate decoroso a unha traxectoria irregular. Mina e Kaltxon circulan en terra de niguén, entre o posto 15 e o 20. Terán 3 oportunidades de posicionarse no Top-10. Julio e Xowi non perderon a oportunidade de restar puntos a Beocha, que terá que defender a medalla de prata. Ademáis, collen folgos ante Botikas, o cuarto en discordia neste grupo “soicida”.

A falta de somentes 3 etapas, as incógnitas están na supervivencia de Verducido como líder, en saber se os persecutores recortan e cómo han de xestionar as suas propias posicións. Moita batalla tamén dentro do Top-10 para acadar unha mellor posición. Pero e que tamén nas fronteiras do Top-10 existe probabilidade de invasión externa. Ata 6 milicias amoréanse ás portas do extrarradio do Olimpo. Moito que desenredar ainda nas datas que restan.

Para examinar por tí mesmo o acontecido en Fontecada, 23ª etapa da Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *