Buscando un burato

Semella que a influencia anticiclónica destas derradeiras xornadas está a ser ameazada pola impaciencia das borrascas atlánticas. O porteiro da discoteca “Anticiclón” é un profesional das Azores que comeza a ter problemas para reter ós temporales pendencieros que chegan dende o oeste cos calcetíns brancos e buscando lea no entroido galego. Unha destas borrascas agárdase para a madrugada do domingo, ainda que o anticiclón tentará minimizar o efecto ou incluso pechar a porta ó visitante atlántico.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 12 e os 14º C., cunha punta máxima de 30º C. As mínimas deixan valores que van dos 4 ata os 11º C. Recibíronse apostas de pluviosidade de ata 3 litros nunha marea de apostas sobre seco. A maiores, unha arriscada predicción de 18 litros. Os refachos de vento están representados por valores entre os 13 e os 55 km/h.

Etapa a de Fontecada con menos auga do habitual nesta paraxe, pero con moitas loitas en diversas áreas da clasificación xeral, onde un mísero punto pode trocar moitas posicións, importantes neste tramo final da Liga da Inverneira. Podes seguir o desenrolo da xornada dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *