Pouca marxe de erro

4ª e penúltima etapa das que conforman o IX Torneo de Vran en India. Semella unha xornada onde se poden decidir moitas posicións na xeral e ainda non están asegurados nin @ vencedor final nin os compoñentes do grupo que vai desputar a Ojete’s Cup 2022. De novo temos ameaza de chuvia e as apostas volven ser inestables en varios dos parámetros.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 15 e os 21º C., con 4 marcas superiores ós 29º C. As apostas sobre a temperatura mínima van dende os 9 ata os 16º C., con outras 4 apostas por riba dos 23º C. As prediccións de chuvia van dende 0 ata os 31 litros. Os refachos de vento abarcan dende os 13 ata os 54 km/h., sendo como a chuvia outro dos parámetros máis amplos.

Se non te queres perder nada do que aconteza nesta penúltima etapa do torneo, podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 02:30 desta mesma madrugada.

As apostas na OjeteQuake non difiren moito das anteriores etapas, con concentración no leste de Asia, dende o noreste de Rusia ata Nova Caledonia. Fora dese ámbito de xogo atopamos sinais de epicentro ao norte da India, no Golfo de Bengala, na costa de Australia Occidental, ao norte de Irán, norte de Arxentina, ao sur das Illas Azores e entre as Illas Sandwich e as Illas Malvinas. A magnitude máxima apostada chega ata os 7,1 na escala de magnitude de enerxía liberada.

Para obter toda a información en directo do que suceda na 16ª etapa da OjeteQuake 2022, pica neste enlace á xornada sísmica ao vivo, activo dende as 2:30 horas desta madrugada..

As apostas:

Apostas meteo en Tawang
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *