Un heroe no Apocalipse

Xornada apocalíptica en Tawang, a máis de 2800 metros de altitude, en Arunachal Pradesh, onde a chuvia foi protagonista. Somentes a terceira parte dos presentad@s en Tawang levaron algún punto neste parámetro, deixando a 0 o marcador da gran maioría de meteoludópatas. Xornada épica onde o outro protagonista abreu a porta do Olimpo Meteorolóxico Amateur.

As temperaturas acadaron os 17º C. na súa máxima expresión e os 11º C. nas mínimas, dentro dos parámetros apostados. A chuvia comezou a encher a cubeta cedo e paseniño, dende as 07:00 ata as 15:00 horas. Nese espazo de tempo acumuláronse 32 litros, sen contar os 18 litros que arrastraba o día anterior. O vento tamén boureou dende cedo e marcou o refacho máximo na madrugada con 20 km/h.

Despois da hecatombe, imos botar un ollo ás repercusións e posibles secuelas. Tan só 4 participantes superaron os 40 puntos, deixando unha das etapas con menor acerto da historia de eltiempoentuojete. Entre estes 4 semiduses fixo aparición o heroe da xornada. Landrán tiña unha aposta máxica, onde perdeu 2 puntos na temperatura e outro no vento. A súa aposta en pluviosidade rozou a perfección, con 31 litros sobre os 32 recollidos na estación. Total espectacular de 56 puntos. Semella que xogou ó ataque, sendo a maior aposta en chuvia das recollidas o venres. Tivo que estar moi seguro para apostar dita cantidade de chuvia estando nunha posición preferente na xeral, na 4ª praza. Hoxe luns, ocupa o primeiro lugar na táboa xeral e obtén unha renda de 11 puntos cos persecutores, que semella suficiente para a derradeira xornada. Ainda que non pode durmir no loureiro, dada a complicación da presente competición. Gloria ó heroe!!!

14 puntos por tras atopamos a Kaltxon e Budainca con 42 puntos. Kaltxon apañou 5 puntos en pluviosidade, con boas apostas no resto de parámetros. Ocupaba o posto burbulla da xeral, o 17º e agora circula no 10º posto. Budainca, con unha pobre competición, estaba na 31ª praza e pasa ata a 26ª a 16 puntos do Top-16.

40 puntos para Kaltxon, que apenas conservou 2 puntos en auga, pero con bó rendimento en temperatura e refacho e pasa do 13º lugar ata o 9º.

Por tras unha morea de xogador@s con menos de 40 puntos. A destacar a etapa de Oscar, con 19 puntos, que pasa do posto 11 ata o 23 a 10 puntos do Top-16. Se queres coñecer máis do acontecido en Tawang e o seu calamitoso resultado, pica no enlace embaixo estas letras.

Na 16ª etapa da OjeteQuake 2022 temos que lamentar a perda doutro heroe, que petou de fuciños na porta do Olimpo Sísmico. Iru situou a súa aposta a menos de 150 kms. do epicentro do maior terremoto rexistrado no domingo. 495 puntos acadaría se non fora penalizado por retraso. Pero ahí andaba Iago, que ainda que algo máis lonxe do epicentro, entrou en tempo sumando 487 puntazos. A pouco máis de 660 kms. do maior simo do día, localizado preto de Ternate, no noreste de Indonesia e cunha magnitude de 5,4 Mg. Sube ata o 10º posto da xeral, a apenas 250 puntos do liderato.

O artista invitado, Liam, acadou 1 mísero punto menos que Iago, 486, dende o sur de Filipinas. Dende o centro dese país apostaba Xowi, con 484 puntos, cos que asume o liderado da xeral cunha renda de 5 puntos sobre o segundo. Lume suma 482 puntos dende o norte de Papúa Occidental e sitúase no posto 11. Rasta76, dende o norte de Filipinas e Belenchis, dende o arquipélago de Palau comparten puntuación con 480 puntos.

Para acceder a toda a información referida á 16ª etapa da OjeteQuake 2022, pica no botón con enlace baixo este texto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *