A 2ª etapa da IX Liga da Inverneira en Penedo do Galo, Viveiro, atopóuse de fronte co vran de San Miguel, fenómeno de tempo anticiclónico que coincide unha semana despois do inicio do outono. A chuvia non tivo nada que ver no desenrolo da xornada e o vento foi, despois da sobremesa, a que decidiu o resultado final.
A etapa comezou con temperaturas altas para a altura da estación. A mínima quedou en 12º C., un pouco por riba da media de apostas. A máxima acadaríase no mediodía, chegando ata os 18º C., un pouco por baixo da media de apostas. Sen auga na cubeta, o vento foi acadando marcas paseniñamente, case kilómetro a kilómetro, amosando un valor máximo de 42 km/h., no rango das apostas feitas.
Sen a chuvia presente, o normal sería ter un brazado de gañadores, pero, da mesma maneira que en Corrubedo, xurdiu un vencedor en soidade. Kaltxon fáise coa sua primeira vitoria en Penedo do Galo, ademáis de ter o agasallo do liderato na Clasificación xeral. A sua aposta en temperatura estivo entre as 3 mellores, onde perdeu 1 punto, máis outro que deixou no refacho de vento, tamén moi atinado, para un total de 58 puntazos. Os favoritos non agachan a cachola…
Ata 5 competidores acadaron a 2ª mellor marca da xornada con 57 puntos. Michi e Belenchis superan as marcas da xornada de Corrubedo, mentras Julio, Verducido e Punteiro son dos aspirantes ó título final. E xa están eiquí…
E ata 9 son os competidores coa 3ª marca en Penedo do Galo. Tamén eiquí atopamos a vari@s d@s favoritos ó trofeo. Sarabia, Marius, Beocha e Juanito Caminante semellan preparados para dar o chimpo de calidade necesario. Botikas e Víbora xa están nese nivel e sempre agardamos máis de Lukas, Aki e Nanuq, destacados noutras edicións.
Na Clasificación Xeral atopamos a 9 aspirantes nos 9 primeiros postos, e co resto de favoritos ben preto da cacheira da táboa. Kaltxon colle o mando(114), con Verducido un punto por tras (113). Botikas a seguir cun punto menos (112). Con 111 un grupo de 4 con Beocha, Julio, Landrán e Víbora, seguido doutro grupo (110) con ata 8 competidores: Lukas, Marius, Belenchis, Juanito Caminante, Aki, Punteiro, Mingos e Rasta76.
O resto da xeral mantén diferenzas miúdas, polo que non se pode tirar a toalla, ainda con 24 datas de xogo por diante.
Se queres coñecer os detalles do acontecido en Penedo do Galo, Viveiro, pica no enlace que ofertamos embaixo estas letras.