O penedo do norte

A segunda xornada de xogo da IX Liga da Inverneira ven dominada pola influenza anticiclónica no Atlántico. Iso quere dicir que o vento predominante para o domingo será o nordés, con temperaturas cara a baixa, carencia de precipitación e amplitude térmica entre o día e a noite.

Dous apostantes chegaron máis aló do tempo previsto de entrada, pero ó facelo antes da 1 da madrugada, tendo en conta a regla que permite a chegada de apostas ata esa hora, non terán penalización. Pero ollo, non poden facelo máis de 2 veces nestas 6 primeiras etapas. Outro retrasado fichou xa na mañán do sábado, polo que a penalización é inevitable. Se queres consultar a regulamentación, pica no Regulamento.

As apostas en temperatura máxima van dende os 17 e os 24º C. e os de temperatura mínima oscilan entre os 9 e os 14º C. A cubeta de pluviosidade volve estar baleira en tódalas apostas, mentras os refachos de vento amosan valores que van dende os 13 ata os 54 km/h., sendo un parámetro aberto a moitas posibilidades.

Pero case podemos falar de moita amplitude en todos os parámetros de aposta, o que redundará nunha xornada moi apertada e que non deberías perder. Por iso, apuntamos un enlace á etapa ao vivo, que comezará a traballar cara as 02:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Apostas en Penedo do Galo

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *