Esta é a frase que define a 6ª xornada da Liga da Inverneira, localizada no concello de Ortigueira e con base na Serra da Faladoira. Iso sí, ó longo do día trocaron as távoas con moito dinamismo, tanto no resultado diario como no xeral, subindo e baixando a moit@s dos meteoludópatas e trocando sorrisos en bágoas e viceversa.
Comezaba a xornada cunha temperatura de 10º C. e antes das 02:00 horas acumulábase máis de medio litro de auga e o anemómetro xa marcaba 71 km/h. Cara as 08:00 acadábase a mínima de 8º C. que xa foi definitiva. O vento seguía igual e a cantidade de chuvia subía sen acadar os 2 litros. Antes da 14:00 horas xa se acumulaban 4 litros, a temperatura máxima chegaba ata os 11º C. redondeados e o vento daba un pequeno empurrón ata os 73 km/h. que tamén foron definitivos. Pola tarde chovía miúdo, sen trocos en temperatura e con vento morno. O final do día o pluviómetro rexistraba 7 litros de auga. Cabe destacar que 1 hora despois do remate da etapa a chuvia chegaba a 11 litros e a temperatura baixaba ata os 6º C. Pero xa non contaba para nós.
Ata as derradeiras horas do día os protagonistas da etapa foron Landrán e Lume, con rexistros baixos de auga e moi acertados en vento. As chuvias do final do día remataron coas súas oportunidades de vitoria. Na xeral domiñaba Compoñente Sur, que chegaba a ter 6 puntos de renda no liderato, con aposta baixa en precipitación. O aumento da chuvia e unha mala predicción da temperatura máxima fixo perder toda esa vantaxe.
Os resultados finais deixaron coma vencedores con 56 puntos a Mina, que poido gañar en soidade se remata a xornada 10 minutos antes, puntuación que a deixa no Top-10 na 7ª praza, e a Balboa, que suma a segunda vitoria consecutiva e acada o liderato na Clasificación Xeral cunha renda de 4 puntos sobre Compoñente Sur, que aguanta na segunda praza.
55 puntos obtivo Víbora, rexurdindo das cinzas e trepando ata o posto 23 da xeral. Marius e Punteiro acadaron 54 puntos. Marius marca a 4ª posición da xeral mentras Punteiro sube ata a 21ª.
Landrán, Kaltxon, Botikas e Lume fixeron 53 puntos na Serra da Faladoira. Kaltxon e Botikas establécense no Top-10, con Landrán ás portas do mesmo e Lume no lugar 28 tentando recuperar as penalizacións de etapas anteriores.
Estes son os 9 primeiros clasificados na 6ª etapa desenrolada en Serra da Faladoira. Para acadar datos máis precisos do acontecido onte preme no botón que ofertamos baixo estas letras. E non esquezades que esta foi a derradeira etapa con marxe temporal de aposta. Xa non se permitirán apostas sen penalización despois das 24:00 horas. Poñede unha alarma…