Nova rolda: Barrackpore

Segunda rolda da Ojete’s Cup en Bengala cuxo desdtino desta volta é Barrackpore, no sur do estado. Para os participantes do lado verde do cadro, os que gañaron a súa primeira confrontación, é unha busca das semifinais do torneo, mentras que para o resto é unha oportunidade de clasificar o mellor posible e rematar coa cachola alta. As prediccións falan de temperaturas altas, probabilidade de chuvia media e vento frouxo coma case sempre.

As apostas para temperatura máxima oscilan entre os 31 e os 35º C. Para as mínimas, temos rexistros dende os 25 ata os 28º C. No parámetro de chuvia, os valores colleitados van dende os 0 ata os 16 litros. No que atinxe ó refacho de vento, as cifras varían dende os 12 ós 36 km/h.

Na busca das semifinais, Rasta e Landrán apenas se diferenzan nun par de grados de temperatura e un único litro de chuvia. Moi aparellada esta eliminatoria.

No mesmo caso atopamos a Botikas e Verducido, cun grado e dous litros de separación entre as súas apostas. Outra foto finish en aparencia.

Denodeno e Michi só comulgan na pequena cantidade de chuvia,no resto semellan moi divididos. Pero moita variación non indica diferenzas de puntuación.

Compoñente Sur e Mingos marcan as súas diferenzas no refacho de vento e na temperatura máxima. O resto son lixeiras disparidades.

Polo lado vermello do cadro, a eliminatoria entre Bar Pequeno e Punteiro semella un desastre. Un non se apresentou e o outro chegou tarde. Punteiro ten as de gañar porque é o único con apostas.

Víbora e Pájaro manteñen discrepancias no tema do vento. Polo resto, non teñen maiores desigualdades.

Tampouco Julio e Beocha semellan estar en desacordo. Pequenas variacións sen importancia nos seus valores.

Sarabia e Marius non están para nada de acordo na cantidade chuvia. Os seus refachos son tamén moi diferentes.Duas formas distintas de ver a xornada de Barrackpore.

Con estes datos agárdanos unha etapa moi interesante, con emoción ata o derradeiro suspiro con 16 competidores que buscan mellora. Non podes deixar de seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 horas desta madrugada e dende a mañanciña do domingo ininterrumpidamente ata o final do día. A melloría pode ser un feito!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *