Gran susto o que levamos os que estabamos erguidos no inicio da etapa en Barrackpore cara as 02:30 da madrugada. A estación non proporcionaba datos de ningún tipo e tememos pola posible suspensión da xarnada. Pero á mañanciña seguinte pudemos constatar que comezou a presentar os datos ás 04:45 (hora da estación) e ó longo do día non deixou de traballar e acadou máis do 75% dos necesarios para confirmar os resultados (con menos do 75% dos datos totais anúlase a xornada. Regulamento.)
A temperatura máxima da xornada acadóuse a media mañá con 33º C. mentras que pola mínima houbo que agardar ata o final do día, asinando 28º C. Non sabemos se choveu nas primeiras 4 horas de xornada, pero o resultado final amosa seca total. O refacho de vento foi moi leve, chegando somentes ata os 7 nos, uns 13 km/h.
A vitoria con 56 puntos foi para Beocha no lado vermello do cadro, que só fallou os 3 puntos da chuvia e 1 no refacho. Grande vitoria que lle permite avanzar cara a final B, a do lado dos perdedores da 1ª eliminatoria. Polo lado verde Verducido con 55 puntos e Denodeno con 54 foron os máis destacados.
Progresando cara a semifinais temos a Landrán, que a conta dunhas temperaturas perfetas e acadando un punto máis na chuvia superou a Rasta por 3 puntos. Grande actuación para un gran resultado.
Mesmo caso para Verducido que mellorou nos mesmos aspectos as apostas de Botikas, que ve truncada o seu camiño cara a final e buscará o 5º posto como mellor resultado.
Denodeno, desatado en Bengala superou a Michi por mellor coeficiente de chuvia e un refacho perfecto. Semifinal histórica para a sorpresa, non só da Ojete’s Cup senón de todo o vran.
Mingos deu conta de Compoñente Sur polo seu acerto en pluviosidade e mallando tamén o refacho, o que pode ser a súa mellor actuación nesta competición ó chegar a semifinais.
Polo lado vermello Punteiro deu un paso adiante pola incomparecencia do cacheira de serie número 1, Bar Pequeno. E iso que chegou con penalización…
Víbora e Pájaro tiveron que agardar pola foto finish despois de empatar a puntos no final do día. Pájaro mallou o refacho, o factos decisivo para o desempate e segue dando boas sensacións. Buscará a final B.
A vitoria de Beocha servíulle para navegar cara esa final B do cadro despois de desfacerse de Julio, que fixo unha boa xornada, pero o igual que Beocha na rolda inaugural, de pouco lle servíu.
Sarabia obtivo a maior diferenza de puntos o ser a única en mallar a seca en Barrackpore. Os 16 litros de Marius destrozaron os bós resultados acadados no resto dos parámetros, onde estivo moi acertado.
Deste xeito teremos unhas semifinais entre Landrán e Verducido por un lado e con Denodeno e Mingos polo outro. Polo 5º posto loitarán Rasta con Botikas e Michi con Compoñente Sur.
Buscando a final B temos a Punteiro con Pájaro e a Beocha con Sarabia, interesante batalla feminina. Tentando evitar a 3ª derrota consecutiva estarán Bar Pequeno contra Víbora e Julio frente a Marius.
Se queres escudriñar tódolos datos acadados na 2ª rolada da Ojete’s Cup en Bengala, preme no botón de enlace que presentamos baixo este texto.