Penúltima eliminatoria de cara á consecución dunha posición final e despois da celebración da 3ª rolda xa dispoñemos dos enfrontamentos definitivos nesta Ojete’s Cup 2024 en West Bengal. O fin da 11ª tempada aproxímase e mellor deixar un bó sabor nos beixos que un amargor de boca ata o inicio da seguinte.Imos desbrozar a etapa de Digha.
A temperatura mínima déuse ben cedo marcando uns 25º C., no rango das apostas cativas. No canto das máximas acadáronse os 32º C., no rango medio do prognosticado. Non choveu ou polo menos o pluviómetro ficou caladiño mentras que os refachos de vento chegaron ata os 16 nos, 30 en km/h.
Con estes valores temos 2 vencedores con 58 puntazos. Polo lado verde Landrán accede á súa primeira final da Ojete’s Cup e polo lado vermello repite vitoria Beocha, o que lle da o pase á final B na súa parte do cadro de competición.
Landrán e Verducido loitaron a moitísimo nivel de puntuación. O acerto de Landrán na temperatura mínima xunto a unha gran aposta en refacho danlle o pase á final. Moi parecido o resultado entre Mingos e Denodeno, decidido polo acerto na temperatura máxima e un gran refacho finalizando con 3 puntos de diferenza. Final inédita entre Landrán e Mingos e loita polo podio entre Denodeno e Verducido.
Non deu opción Botikas a Rasta, gañando sen discusión en tódolos parámetros. Menos nivel no enfrontamento entre Michi e Compoñente Sur que non acadaron os 50 puntos e gran diferenza para Michi. Recordarlles investigar os resultados da páxina do IMD onde non consta chuvia nengunha nos derradeiros días. O 5ª posto despútase entre Botikas e Michi, mentras Rasta e Compoñente Sur buscarán o 7º lugar final.
Punteiro gañóulle a Pájaro sobre todo pola cantidade de chuvia e accede á final B. Beocha mete medo nas derradeiras xornadas e meterlle 8 puntos a Sarabia con vitoria de etapa e buscará o 9ª posto fernte a Punteiro. Pola contra, Pájaro e Sarabia van na busca do 11º lugar.
Víbora gañou por unha nova incomparecencia de Bar Pequeno evitando a vergoña das 4 derrotas. Julio superou a Marius pola chuvia, xa que Marius tivo mellores resultados no resto de parámetros. Víbora e Julio loitarán por a 14ª praza, que semella pequena para estes grandes xogadores. Marius e Bar Pequeno loitarán por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos deste torneo.
Para acadar todos os datos recabados en Digha, na 3ª rolda da Ojete’s Cup 2024, preme no botón que deixamos baixo este texto.