Preto da excelencia

Serra da Faladoira foi desas etapas nas que cada un de nós pódese sentir fachendos@ coa súa actuación. Non sendo os penalizados, os marcadores non baixaron dos 50 puntos. Axudou unha xornada anticiclónica con temperaturas mornas, ausencia de chuvia e un vento velaíño, sen moitas compricacións para a predicción. Non sempre será así…

A temperatura mínima foi alta, con 14º C. na derradeira hora do día, despois dunha grande parte del por riba desa cifra. A temperatura máxima quedou nos 20º C., moi preto dos 21 pero sen acadalos. Como se agardaba a chuvia estivo ausente e o refacho máximo do día marcou os 31 km/h. no anemómetro do concello de Ortigueira.

Cos datos dispoñibles temos unha parella de triunfadores que, ademáis de compartir vida, tamén o fan coa vitoria na Serra da Faladoira. Michi e Sarabia sumaron 58 puntos no marcador, engadindo unha nova riscada no marcador xeral de vitorias. Somentes perderon cadanseu punto nas temperaturas e no refacho, situándose na xeral no grupo que agarda oportunidade ás portas do Top-10. Ben xogado!!

Ata 5 competidores empataron no segundo posto da etapa. Modesto, Botikas, Punteiro, Beocha e Kaltxon quedaron a un mínimo punto da vitoria, pero melloran ou consolidan posicións na xeral. Modesto ascende ata o posto 12, con Punteiro un chanzo por baixo. Botikas segue a manter a posición de cacheira da clasificación, Kaltxon xusto por riba de Modesto, ás portas do Top-10 e Beocha que sube ata o 6º posto, a tiro de pedra do Top-5.

Un total de 7 participantes acadaron os 56 puntos. Magor, a sorpresa deste inicio de Liga ocupa a 4ª praza ameazando o podio. Popolo segue mantendo o 10º lugar, mentres Mingos remonta ata o 19º. Landrán e Verducido conservan o podio, na 2ª e 3ª praza respectivamente. Lume na 5ª e Marius na 7ª seguen a consolidar a súa posición no Top-10.

Para obter tódolos datos recabados nesta 6ª etapa da Liga da Inverneira, pica no enlace que adxuntamos baixo este texto.

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *