Nova xornada, a 10ª, con epicentro na Costa da Morte onde se busca a confirmación d@s nov@s aspirantes ou a rehabilitación das vacas sagradas da competición. Semella que imos ter unha nova etapa de borrasca atlántica durante o domingo. Vento e chuvia media-alta é a predicción das axencias profesionais do ramo, pero iso non significa nada para os participantes de eltiempoentuojete, que son quen de poñerse en tela de xuizo cada semana. Estas son as prediccións para A Gándara, a estación meteorolóxica do concello de Vimianzo.
As apostas recibidas para temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 17ºC. Polo que respecta ás mínimas, obtivemos valores que van dende os 10 a os 14º C. Na távoa de precipitacións, as cifras están entre os 0 e os 25 litros acumulados. Polo que atinxe ós refachos de vento estes van dende os 15 ata os 89 km/h.
Con tan dispares opinións o que nos depara en A Gándara é unha suma de emoción e incertidume polo resultado final. Esta etapa obligatoriamente deberías seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario continuado ata o remate da mesma. E recorda: vento a primeira hora, chuvia dende a noite ata a tardiña e baixada de temperaura no final do día. Non o perdas!!