A etapa de A Gándara, en Vimianzo, volveu ser case unha repetición do acontecido en Lira. Pero desta vez, a maioría de meteoludópatas pecou por de máis, no canto de quedarse curtos coma no concello de Carnota. A borrasca pasou a zoar por Vimianzo, concentrándose no centro e sur do país e deixando A Gándara coma zona seca no domingo. Volvemos atopar o gañador na zona baixa e de novo os artistas consagrados quedan en ridículo cos seus resultados.
A temperatura máxima acadou os 14º C., baixa para a zona e o contexto. A mínima chegou ata os 11º C. no final do día. A cantidade de chuvia foi de uns miserentos (para a maioría) 4 litros, mentras o refacho mñaximo fixóuse en 57 km/h.
Con estes valores e facendo contas atopamos a Bar Pequeno como gañador único da xornada. Perdeu 2 puntos na máxima, somentes 1 nas precipitacións e ata 5 no refacho para un total de 52 puntos. Gran triunfo dun xogador que nos ten acostunados ó millor e o pior indistintamente. Váise achegando lento pero seguro cara o Top-10 de vitorias históricas. Na xeral, pouco que destacar, pois as 3 incomparecencias son un lastre moi custoso. Pero en Vimianzo non tivo rival!!
51 puntos anotou un vello gañador desta nosa competición senlleira. Víbora deixou 5 puntos en chuvia e mantívose regular no resto dos parámetros, acadando unha gran subida na xeral ata o posto 9. Top-10 para el, que fai unha etapa moi destacable. Noraboa meu!!
E de novo M. B. Joaquín entre os destacados, con 47 puntos despois de gañar en soidade en Lira. Chega ata o posto 22 despois de 2 xornadas épicas para el. De ter continuidade neste ritmo, pronto o veremos ameazando o Top-10. Andas na llama!!
E con 45 puntos dous ocupantes da zona baixa que asoman a cachola neste día. Kalandrakas está no posto 27 buscando darse unha homenaxe entre resultados mediocres e semella que pronto dará unha puñada na mesa. Denodeno xa deu esa puñada no vran pero no inverno colle frío e queda xeado. Pero semella se duchou en caldo nesta ocasión. Maravilla leervos no resumo dos mellores!!
44 puntazos, que son moitos en Vimianzo para Compoñente Sur e Popolo. O primeiro recupera sensacións entrando no Top-20, sempre agardamos máis deste gran competidor. Popolo, uns dos decanos da competición asoma por onde fai anos que non estaba, na 2ª posición compartida. Pódese sentir fachendoso despois de tanta vergoña acumulada por anos. Desta vez, o saber ocupa un bó lugar!!
Con 42 puntos, un cuarteto con aspiracións. Julio repite puntuación para colocarse no 12º posto, con Sarabia xusto detrás. Marius xa está 6ºno grupo dos persecutores do liderato. E gran mención especial para Magor, superlideresa nesta 10ª xornada, a gran sorpresa nesta edición, que xa conta con… 16 puntos de vantaxe!! sobre os persecutores.Poderíamos dicir que somentes ela pode perder esta liga, pero mirando atrás non sería a primeira vez que ocorre (mención a Kaltxon, acórdaste?). Pero hoxe ninguén lle pode quitar esa supremacía asoballante. Moit@s están e estiveron ás portas do Olimpo meteorolóxico amateur pero Magor ven coa pata de cabra!! Moito imos ter que remar tod@s para recortar distancias…
Estes son os 10 mellores na estación de A Gándara durante a 10ª etapa da Liga da Inverneira. Para coñecer todo o derenrolo desta escabechina,picano enlace que ofertamos baixo este texto.