Estreita xeral

Despóis de recibir os resultados da 7ª etapa da XI Liga de Primaveira podemos dicir que a xeral está máis axustada que nunca, con múltiples aspirantes nun escaso marxe de puntuación. Semella que a resolución desta competición vai quedar para a derradeira xornada e que se vai decidir por diferenzas mínimas. Pero ata chegar a ese punto, imos ver o que aconteceu en Puerto Bermúdez.

A temperatura mínima baixou na madrugada ata os 21º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 29º C., agardada tamén por moit@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 1.5 m/s, 5 km/h. miserentos pero normais para zonas selváticas.

E destes datos saíu unha vencedora en soidade con 59 puntazos. Mina mallou as temperaturas e a chuvia e quedou a somentes 3 km/h. de vento de acadar un pleno. Moito tivo que remar para revertir as experiencias das etapas anteriores,case ridículas para o currículo que ostenta. Probablemente sexa tarde para a remontada pero esta gran vitoria non lla quita ninguén. Pasa a ocupar a posición 20.

Con 58 puntos atopamos outras dúas damas con pedigrí. Lume e Magor asinaron unha gran etapa, perdendo somentes 2 puntos en cadanseu parámetro. Poden estar satisfeitas do desenvolvemento realizado. Magor acada o posto 16 e Lume entra no Top-10 no derradeiro chanzo.

E ata 5 competidores suman a terceira mellor marca en Puerto Bermúdez con 57 puntos. Denodeno sube ata a 8ª praza, Compoñente Sur ata a 17ª, Breogán77 na 5ª, Kaltxon na 6ª e Bar Pequeno na 22ª. Polo que respecta a Breogán77 e Kaltxon, sitúanse a 6 e 7 puntos da cacheira respectivamente.

Semella que calqueira cousa pode suceder nestas dúas etapas finais para o remate desta Liga, cos 3 primeiros nunha marxe de 1 punto e os 5 primeiros en 6, polo que haberá que estar moi atentos o que aconteza nas citas que se achegan para o resultado definitivo. Estes foron os 8 mellores marcadores en Puerto Bermúdez. Para acadar tódolos datos recollidos na 7ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *