Domingo decisivo para esta XII edición da Liga de Primaveira, localizada en Okinawa e que ten coma únicos candidatos á vitoria final a Enrico Ferni, actual líder, e a Beocha, cun só punto de diferenza entre eles. Isto dase pola seca prognosticada para a etapa, que non dará lugar á entrada de outros xogadores, tendo en conta a similitude de apostas no resto de parámetros. Pero, alomenos, temos unha derradeira loita en Tokashiki.
As apostas en temperatura máxima están bastante pechadas, indo dende os 27 ata os 31º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 23 e os 26º C., A precipitación é un parámetro sen interese e baleiro en tódolos casilleiros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 35 km/h., sendo o parámetro máis aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.
Seguimento da xornada
Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.
O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:
1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.
2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.
3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.
4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.
5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.
6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Okinawa Main Island“.
7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Tokashiki“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.
Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.”
As apostas:



