Remate da Liga de Primaveira en Okinawa e o tempo non acompañou coma debera para facer deste final algo máis mítico na praza de Tokashiki. Botóuse en falta a chuvia, ainda que foron as temperaturas as que decidiron o novo e definitivo troco de rumbo da clasificación xeral. Ábrese de novo a porta do Olimpo Meteorolóxico Amateur para recibir un inquilino máis co loureiro sobre a súa cacheira.
A temperatura mínima acadóuse na madrugada e foi alta, con 24º C. A máxima chegou ata os 30º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade cáseque nula e o final foron 0 litros, dentro do agardado. O vento marcou un refacho máximo de 28 km/h., na media do que apostaba a maioría dos apostantes.
Deste xeito imos celebrar a vitoria de ata 6 meteoludópatas. Catro del@s entre o Top-5 (casualmente falta o antigo líder da xeral). Beocha, Verducido, Kaltxon e Botikas acadaron os 58 puntos para manter ou mellorar a súa posición. Mesma puntuación para Víbora e Compoñente Sur. Beocha salvou o punto de distancia con Enrico Ferni para acadar a súa primeira Liga de Primaveira. O seu desenvolvemento foi ótimo e xa se mostrou coma candidata desde o seu 2º posto na irmán maior, a Liga da Inverneira. A carencia de chuvia non foi o escenario agardado por Verducido, que se ten que conformar coa 3ª praza, detrás de Enrico Ferni. Kaltxon e Botikas, sendo gañadores, non mudaron a súa posición, quedando finalmente no 4º e 5º lugar respectivamente. A vitoria de Víbora permítelle superar a Rasta, quen cunha vitoria máis gañaría o desempate que mantiñan. Compoñente Sur non tiña marxe de mellora pero obtén unha vitoria balsámica no derradeiro intre, algo ben apreciado.
Os 57 puntos de Breogán77 foron suficientes para adiantar a Magor e sumar unha 6ª praza nada desdeñable e confirma a súa melloría na pedicción amateur.
Por tanto, temos a Beocha coma trunfadora final, con Enrico Ferni na segunda praza e Verducido na terceira completando o podio.
Kaltxon e Botikas enchen ata o Top-5. Breogán77, Magor, Lume, Víbora e Rasta, nesta orde de clasificación, asinan o Top-10 da competición.
Estas foron as 7 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Tokashiki. Para acadar tódolos datos recollidos na 10ª e derradeira etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.
En breve recibiredes a comunicación das próximas competicións.

