Corrubedo ven sendo un clásico dentro do inicio das Ligas da Inverneia de eltiempoentuojete. Nesta ocasión abre a 13ª edición. E semella que quere comezar inaugurando a tempada de borascas en Galicia que, entrando polo oeste, adoita pica terra no concello coruñés de Ribeira. Todos os grandes nomes da competición están presentes. Kaltxon paa renovar a coroa, con Botikas, Verducido, Víbora e Magor a recuperala. Os aspirantes tamén buscan a súa oportunidade de alzar o maior e senlleiro trofeo da competición meteorolóxica amateur. Saudamos de novo a Anxoramonciño, anos despóis do seu paso por esta web e, coma primeiros pasos de GAWF, orixinario de Gales pero con base en Canadá, probará as súas cualidades predictivas con nós. Dun xeito ou doutro, benvidos a tod@s á vosa casa de apostas gratuita, na que segue a ser a única competición meteorolóxica amateur (a menos que alguén comunique o contrario) do universo da internet. Comezamos…
Como indicamos no texto anterior semella que o domingo a primeira borasca da tempada vai facer parada e fonda en Corrubedo, a nosa primeira cita do outono. As axencias oficiais sinalan temperatuas por baixo dos 20º, variadas notas en precipitación e ventos frouxos. Pero, qué din @s nos@s meteoludópatas?
As apostas en temperatura máxima están bastante pechadas, indo dende os 17 ata os 21º C. cunha aposta cara enriba con 25º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 12 e os 17º C., A precipitación é un parámetro aberto, con apostas dende 1 ata 18 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 13 ata os 47 km/h., sendo un parámetro tamén aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.
As apostas:



