Pimeira xornada da XIII Liga da Inverneira e primeira borrasca do ano dende o oeste, o noso querido Atlántico. 25 foon os valentes presentados o venres para as apostas en Corrubedo, xornada cláisca de inauguración. Os parámetros véronse confirmados, con temperaturas baixas para as máximas e altas para as mínimas, con unha pouca de chuvia e un ventro frouxo, sobre todo despóis do almorzo. Benvid@s de novo á vosa casa. A tod@s.
As temperaturas, mínima e máxima acadáronse na madrugada, cunha máxima de 20º C., baixa para os derradeiros días e unha mínima alta para o tempo no que estamos, con 16º C. A presenza da chuvia era de probabilidade cáseque segura e o confirmóuse cun total de 5 litros, na media do agardado. O vento marcou un refacho máximo de 23 km/h., na media do que apostaba a maioría de xogadores.
E cando todo está axustado, o resultado adoita ser o mesmo. Vitoria de Botikas con 58 puntos, gran rexistro que fala ben alto das intencións de recuperar a coroa perdida polo máximo exponente desta competición. Mallou a temperatura mínima e a chuvia e somentes perdeu cadanseu punto no resto de parámetros. Vitoria en soidade e liderato provisional. Gústalle meter medo…
Por tras, con 56 puntos, Enrico Ferni, claro aspirante a título nesta edición. Inmellorable en temperatura, deixou 3 puntos na chuvia e 1 no vento para deixar claros os seus obxectivos. Xunto a el, un nome que non sona moito nos podios pero que pode ser a sorpresa da competición. Kalandrakas tamén cravou a chuvia, perdendo 1 punto no vento e 3 nas temperaturas, onde hai marxe de mellora. Acompañan no podio a Botikas.
4 xogadores con 55 puntos. Tres clásicos: Verducido, Beocha e Landrán, que andiveron finos nas temperaturas e corretos no resto de parámetros. Non faltan á súa cita co Top-10. O novato GAWF acadou un gran resultado na súa experiencia inicial e semella duro. Noraboa polo resultado e a manter o nivel!!
Outros 4 xogadores obtiveron 54 puntos. Víbora, Popolo e Julio xa son vellos meteoludópatas recoñecidos. Ademáis, Bar Pequeno leva moitas tempadas coma anfitrión da xornada inaugural.
Estas son as 4 posicións principais na clasificación xeral desta semana de inicio. Nela tamén atopamos a 2 grandes aspirantes e posuidores do trofeo. Kaltxon e Magor estibaron máis aló do 15º posto, ainda que sabemos da súa capacidade de reacción, sobre todo no referente ó parámetro da chuvia, onde son especialistas en marcar diferenzas. Mina tamén sufriu un revés pero a capacidade de recuperación tamén está fora de dúbidas.
E para o resto, isto foi somentes o comezo. queda moito camiño onde mellorar, ainda que tamén onde fundirse. E renacer. E volver soterrarse. E resucitar… e así se loita nunha competición de 6 meses.
Estas foron as 12 mellores puntuacións nesta xornada inaugural desputada en Corrubedo. Para acadar tódolos datos recollidos na 1ª e inicial etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

