O amencer do domingo no Penedo do Galo estivo marcado pola néboa. Mantívose ata máis aló do mediodía e fixo que as temperaturas máximas foran bastante baixas. A mínima estaba dentro das prediccións dos apostantes, da mesma maneira que a auga e o vento. Pero dentro desta xornada tan parella destacou un gañador en soidade, a primeira que fai sen compartir. Grandes apostas para un marcador de moito nivel.
Polo resto destacar o grande tino dos apostantes, na sua maioría por riba dos 50 puntos e cunha clasificación xeral que agrupa case 30 xogadores en apenas 12 puntos. A seguir e a mellorar!!
Para coñecer todo o acontecido en Penedo do Galo, 2ª cita da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete preme no enlace embaixo este párrafo.