Entorno
A segunda xornada da VII Liga de Primaveira lévanos ata o distrito de Upper Hunter, no interior da rexión de Hunter. Murrurundi Gap agarda polas nosas prediccións.
Murrurundi Gap, tamén coñecido por Nowlands Gap é un paso montañoso na Liverpool Range, que forma parte da Great Dividing Range, que cruza a costa oriental de Australia dende o norte ata o sur, cubrindo máis de 3500 kilómetros. “Gap” en inglés é brecha ou paso, e este comunica as Northern Tablelands coa rexión de Hunter, en New South Wales.
O pobo de Murrurundi é principalmente rural, baseado na gandería e a agricultura. Rodeado completamente de montañas, foi o fogar dos aboríxenes Wanaruah e os Kamilaroi ata a chegada dos europeos, na década de 1820. Ata o fin da I Guerra Mundial a economía estivo baseada na cercana mina de esquisto do monte Temi.
Localización
Datos da estación
A Estación Murrurundi Gap está ubicada a -31,74º de latitude e 150,79º de lonxitude e a unha altitude de 729 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta no ano 2003.