A segunda xornada da Liga de Primaveira en New South Wales lévanos ata un lugar cun nome ben estrano. Murrurundi Gap, un lugar de altura, presentará batalla a cada meteoludópata personado na liña de saida.
Agardamos unha nova xornada en seco, despois de dous días de chuvia. As temperaturas máximas van dende os 16 ata os 23º C. As mínimas, entre 5 e 10º C. Pola banda da pluviosidade somentes un litro por parte dun dos apostantes. No refacho de vento, as apostas enmárcanse entre os 16 e os 49 kms./hora.
Polo tanto temos por diante unha xornada moi apertada, que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 15:30 de hoxe.
As apostas:
- Recordamos a tod@s @s meteoludópatas que a hora límite para a recollida de apostas con penalización son as 04:00 horas do sábado. Isto ven dado polo adianto que ten Australia sobre Galicia e fai que non aceptemos apostas mañaneiras.