eltiempoentuojete comprácese en presentar duas novidades en canto a publicacións se refire. Con retraso chega a Crítica de Williamtown, pero con grande calidade e esforzo por parte de Mutombo, derradeiro pleno da historia. Moi por riba das derradeiras. Realmente merece a pena. Podes acceder dende o botón de embaixo.
Por outra banda en Botikas.org podes atopar unha nova reseña para mellorar o mundo no que vivimos (e imos morrer). Trátase dunha iniciativa verde a nivel europeo para a post-pandemia de COVID-19. Bótalle un ollo picando no botón de embaixo.
Tamén podes consultar os datos da xornada de Norah Head, onde atoparás un enlace o que sucede na estación meteorolóxica. Agárdanse treboadas fortes para xoves e venres, pero seica non imos ter sorte coa chuvia no domingo. Ou quizáis sí…