Xa temos en marcha a VII edición do Torneo de Vran, desta vez na selva do Perú. De igual maneira damos inicio á III Liga OjeteQuake, a liga de predicción de terremotos a nivel mundial.
Preto de 30 contendentes fouciñarán no lodo na busca da gloria. Semella que nesta ocasión non imos ter problemas para atopar a chuvia, e xa na xornada inaugural agardamos chuvascos en Santa Clotilde.
Un apuntamento. Para ver o que acontece na estación meteorolóxica, no mapa da SENAMHI desconecta as estacións non automáticas. Das que quedan, as etapas son as poucas que hai no interior de Perú. Catro no norte e unha na fronteira triple, cara o sur. Pica na estación e despois na pestana TABLA, onde atoparás os rexistros horarios dende fai unha semana. Abaixo están os derradeiros datos.
Por tanto, saudos agarimosos a tod@ aquel que tivo o coraxe de apostar en calqueira das competicións en activo. Agardando que a saúde esté contigo damos paso as primeiras apostas do vran 2020.